Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunqueira volve acoller a exhibición Patina na Rúa

289589259_3268917906764973_37289691207914979_n

O CPA Bolboreta, en colaboración co Concello de Redondela e con motivo da celebración da Festa da Coca, organiza este domingo 2 de xuño a exhibición “Patina na Rúa” que terá lugar ás 18:00 horas na Pista da Xunqueira.

A coñecida pista de cemento da Xunqueira en Redondela acollerá aos distintos grupos do CPA Bolboreta quenes farán as súas exhibicións e rutinas deste ano para ensinarllas aos viandantes e interesados. Tamén estarán presentes os organizadores e as profesoras do club desta disciplina deportiva, para dar conta de todo o que poida acontecer e ensinar o seu bo facer sobre patíns.  

Ao rematar o espectáculo ofertado polos deportistas do club, os rapaces e rapazas que queiran probar e animarse a saír a pista cos seus patíns poden facelo. Non se precisa inscrición previa e dende a directiva expresan o seu desexo de “abrir as portas do club aos e as interesadas e celebran un día ao aire libre de patinaxe e tradición na vila”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará