Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado dos institutos afondan na historia local a través do certame “Redondela investigada”

regojo

A fábrica de Regojo é un dos símbolo na historia industrial local. Foto: Cal3

Os Departamentos de Ciencias Sociais dos catro centros públicos de secundaria de Redondela: IES de Chapela, San Simón, Mendiño e Pedro Floriani convocan de forma conxunta un certame de investigación en Ciencias Sociais. Baixo o nome de “Redondela investigada” promoven o coñecemento da historia local cun certame cuxos traballos premiados serán editados nunha publicación no caso dos presentados en formato escrito mentres que os de formato podcast serán emitidos por Radio Redondela.

O certame busca promover o estudo e coñecemento do concello de Redondela alentando o espírito investigador e científico do alumnado de secundaria así como pór en valor a diversidade histórica, cultural e xeográfica do municipio.

Paulo Jablonski, IES Pedro Floriani

Os traballos que se presenten ao certame terán que abordar investigacións de temática libre mais centradas en Redondela desde o punto de vista das Ciencias Sociais (Historia, Xeografía, Arqueoloxía, Antropoloxía, Socioloxía, Historia da Arte). Unha propostas que animan á rapazada a investigar polo tanto temas diversos que van dende a industria textil con Regojo como abandeirada, as festas, a historia mariñeira ou mesmo o deporte local e a evolución demográfica.

Sandra Blanoc Fernández, IES Illa San Simón

Os traballos serán orixinais, inéditos e froito da investigación apoiada e dirixida polo profesorado. Neste sentido, valorarase a orixinalidade dos temas elixidos, a utilización de fontes primarias de base documental, oral ou material e a adopción de diferentes perspectivas que conten coa variable de xénero. “unha investigación que promove que o alumnado fuxa do “copiar e pegar” e se achegue a memoria vida dos seus maiores a través das entrevistas orais” puntualiza o profesor de historia, Paulo Jablonski

O certame ten tres categorías en función dos cursos: Penlas (1º e 2º da ESO), Burras (3º e 4º da ESO) e Coca (1º e 2º de Bacharelato). Os traballos escritos premiados serán editados nunha publicación e os de formato podcast emitidos por Radio Redondela. Alén diso, contarán cun premio económico en forma de bono comercio para gastar en establecementos do concello.

O prazo de entrega de traballo finaliza o vindeiro 11 de xuño. Na convocatoria do certame colaboran o Concello e o Seren.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará