Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga celebra o seu 20 aniversario coa fase de ascenso e a presentación das categorías

445004218_3767474300175901_7831926601289046367_n

O club de Chapela está moi preto de conseguir o obxectivo de ascender a Preferente. O equipo sénior do Arealonga FS ten que gañar o encontro que terá lugar este domingo no Pavillón Municipal Manuel González Soto ás 20:00 horas contra o Pecheches FS, un partido emocionante que se desenvolverá  despois da XX Presentación do Arealonga FS Chapela.

O partido terá lugar despois da presentación do club e das 17 categorías que ten inscritas, polo que será unha xornada chea de deporte e emoción. Un evento familiar e deportivo que celebra desta forma o seu 20 aniversario. Dende a directiva explican que “todos os xogadores de todas as categorías, dende os máis pequenos ata os sénior, estarán presentes xunto ás súas familias e amigos, compartindo unha xornada chea de ilusión e compañeirismo”. A apertura da grada para o público será ás 16:50 horas e o evento rematará ao redor das 19:15 horas. Comezará coa 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘁𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻 𝗼𝗳𝗶𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗽𝗼𝘀, “onde cada un deles terá a oportunidade de saudar ao público e mostrar o seu entusiasmo pola nova tempada” e tamén terá 𝗹𝘂𝗴𝗮𝗿 𝗮 𝗰𝗹á𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗖𝗵𝘂𝗽𝗮-𝗖𝗵𝘂𝗽, onde poderán participar todos os asistentes nun sorteo especial adquirindo este caramelo.

Xa ás 20:00 horas darán paso ao encontro da fase de ascenso, onde o Arealonga enfrontarase ao Pecheches FS. O rival rematou situado de segundo na táboa xeral e ven de acumular unha boa racha na recta final da tempada. Os beretes non o terán fácil, polo que fan un chamamento á afección para “achegarse ao pavillón de Chapela en apoio ao equipo da parroquia e para desfrutar dun gran día” onde pretenden facer historia.

O Arealonga FS, con 17 equipos en competición esta tempada e dos cales 5 son femininos, volcarase na celebración do seu 20 aniversario cunha “gran festa do fútbol” e animarán ao sénior para que cumpla os obxectivos nesta primeira tanda da fase de ascenso a Preferente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará