Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para o Campus do Club de Baloncesto de Redondela

WhatsApp Image 2024-06-03 at 16.39.53

O Club de Baloncesto de Redondela abre o prazo para o IX Campus de Verán ata o 10 de xuño. Terá lugar en horario de mañá no Pavillón Municipal A Marisma entre o 24 e o 28 do mesmo mes e está enfocado a nenos e nenas entre 6 e 11 anos e rapazada entre 12 e 14.

O prezo é de 90 euros para os socios do club e de 100 para os que non o sexa, cun desconto do 10% para irmáns. A partir do 11 de xuño, se hai prazas dispoñibles, ábrese a inscrición a un prezo único de 115 euros. O obxectivo principal, segundo a directiva do club, é “pasar mañás divertidas, que aprendan deste deporte e que teñan tempo e convivencia sa”.

Entre as actividades plantexadas a maiores do baloncesto, en horario de 9:00 horas a 13:30 horas, atópanse un curso enfocado a público infantil sobre primeiros auxilios da man de Protección Civil de Redondela, clases de baile con monitores especializados da escola Dansarey, pádel, tenis e moito máis. Espérase tamén a visita dos bombeiros do GES que traerán tamén algunha sorpresa educativa.

A partir do 10 de xuño, data de peche da inscrición, tamén organizan dúas semanas de xornadas de portas abertas. Para máis información está dispoñible o número 722 617 212, ou através do correo c.b.redondela.chapela@gmail.com ou tdeportivocbr@gmail.com .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará