Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xulgado anula e revoga a contratación do cargo de confianza do BNG

elsa

A sentencia declara nula a contratación de Elsa Quintas e subliña que os postos de libre designación deben traballar para o goberno municipal cando neste caso faino para un grupo político. O fallo xudicial declara a disconformidade a dereito desta contratación anulándoa e revocándoa, quedando sen efecto. O PP amosa a súa satisfacción polo fallo xudicial mentres que o BNG aseguran “non ser coñecedor da sentenza que estudarán unha vez lla remitan dende o Concello”.

O xulgado nº 2 de Vigo ven de ditar sentenza sobre o recurso contencioso –administrativo interposto polo Partido Popular de Redondela onde se denunciaba a contratación dunha persoa de confianza para o BNG enmarcado dentro do acordo acadado entre o PSOE e os nacionalistas para lograr a investidura de Digna Rivas como alcaldesa.

A sentenza recoñece que os cargos de confianza deben traballar para o goberno e que neste caso se incumpre este requisito xa que Elsa Quintas, persoa contratada para desempeñar este cargo, non traballa para o goberno senón que traballa para o BNG.

Dende a aprobación deste acordo plenario apoiado por PSOE, BNG e AER, o Partido Popular mostrou o seu rexeitamento anunciando no pleno que recorrería á vía xudicial.

A sentenza declara no seu ditame a disconformidade a dereito desta contratación anulándoa e revocándoa quedando polo tanto sen efecto.

Dende o Partido Popular mostran a súa satisfacción ante este sentenza que “supón un aforro de mais de 56.000 euros para as arcas municipais nun momento no a situación económico-financiera

do Concello se atopan nunha situación moi delicada”. Lembran que Elsa Quintas formaba parte da lista do BNG no Concello de Vigo ocupando o cuarto lugar nas pasadas eleccións municipais e que a súa contratación en Redondela  “perseguía buscarlle acomodo colocándoa en Redondela contratada como persoal de confianza do BNG por xornada parcial de 60 % cunha retribución de 16.200 euros anuais pagados por todos os redondeláns”.

Reacción do BNG

Os nacionalistas aseguran, a través dun comunicado nas súas redes sociais,  descoñecer formalmente esta sentenza e anuncian que “a estudarán non vindeiros días unha vez nos sexa retransmitida dende o concello”. Insisten en todo caso que “o BNG fixo uso do seu dereito á contratación dunha persoas de libre designación” e falan dunha “clara manobra política  do PP “quen manifestara abertamente que querían un posto similar ao acadado polo BNG e como non o conseguiron levaron ao concello ao xulgado”. Finalmente os nacionalistas amosan a súa “completa satisfacción polo traballo que está desenvolver Elsa Quintas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará