Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os hostaleiros acusan aos furanchos de competencia desleal e de frear o desenvolvemento do sector

furancho

Aseguran que anos de furanchismo teñen a culpa de que o sector hostaleiro de Redondela non teña un desenvolvemento máis notable. Os mellores meses da temporada sempre quedan marcados din “por unha competencia que se exerce de forma desequilibrada ata o punto de afirmar que é totalmente desleal”. Apuntan como solución que se cree unha categoría para este tipo de establecementos cuxa denominación podería ser “Casas de furancho” e instan á administración local a que tome cartas no asunto.

A Asociación de empresarios propón que a nova categoría englobe aos fogares particulares que queiran vender o excedente de viño cumprindo a tradición na que os comensais levaban a comida da casa é non eran as persoas propietarias as que elaboraban as comidas.

Denuncian que este ano ademais súmase a publicidade en medios e redes sociais de concertos e actuacións na mentres os establecementos da vila reducen o número de traballadores, acurtan os seus horarios e fan que as rúas teñan menos vida e menos actividade.

Este feito desatou unha vaga de protestas do sector que levou a que a entidade, en defensa dos intereses dos seus asociados, estea a procurar a involucración da administración local para buscar unha solución e para cuantificar  e avaliar que accións e medidas adoptar ante esta situación.

Inicialmente a asociación solicitou os datos do número de furanchos ao que se lle concedeu licenza, as datas, litros de viño autorizados en cada caso e información sobre a normativa que podería ser de aplicación no caso de celebración de espectáculos neste tipo de establecementos, ao que esperan ter unha pronta resposta por parte do concello que amose a súa sensibilidade a traballar por unha solución a este vello conflito.

Entenden na asociación que a transformación e profesionalización dos furanchos que hoxe son unha marca recoñecida e vinculada a Galicia, (algo similar ao “Chiringuito de Verano” para o Levante), contribuiría a aumentar os índices de produción e actividade económica da localidade.

Apuntan tamén que a competencia desleal se observa incluso na contratación de persoal, xa que o sector hostaleiro non atopa traballadores para a época estival que queiran introuducirse temporalmente no mercado laboral “prefiren servir como man de obra en réxime de axuda non regulada, é dicir nos furanchos, que cinguirse a un contrato laboral conforme a un convenio colectivo sectorial caduco dende 2021 e que aínda está en proceso de negociación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará