Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén e Fornelos de Montes unen forzas para reclamar atención sanitaria no rural

pazos+fornelos

Listas de agarda de ata 20 días para un cita co médico de cabeceira, eliminación do servizo de pediatría, non substitucións das baixas ou vacacións… son problemas reiterados na sanidade que afectan especialmente aos concellos máis cativos. Unha situación que leva aos alcaldes de Pazos, Luciano Otero e Fornelos, Emiliano Lage, a presentar unha moción conxunta nos seus respectivos plenos para esixir á Xunta de Galicia que tome medidas inmediatas para subsanar a situación.

A veciñanza de ambos os dous concellos protagonizaba nos últimos días diferentes mobilizacións cun obxectivo común: garantir a atención sanitaria nas súas comunidades rurais e reclamar ao Sergas que adopte as medidas necesarias para que a veciñanza destas localidades poida acceder á atención sanitaria sen ter que desprazarse a centros de saúde doutras localidades.

No caso de Pazos de Borbén, tanto a veciñanza como o alcalde denuncian que a situación e crítica. Neste sentido apuntan que o seu centro de saúde perdeu recentemente ao único pediatra asignado mentres que a única doutora dispoñible atópase desbordada con listas de espera para consultas de médicos de familia que se estenden ata 20 días.

Tampouco en Fornelos de Montes hai servizo de pediatría e, en ocasións, incluso carecen de facultativo en medicina xeral. Cunha poboación rural envellecida e con dificultades para desprazarse, as consecuencias desta falta de atención son aínda máis graves.

Lémbranlle á Xunta de Galicia as súas promesas en canto ao fomento da convivencia no rural, onde a saúde sería un piar fundamental e pola contra están a ver como quedan sen esta atención sanitaria.

A proposta conxuntas de ambos os dous municipios pasan por esixir que se suplemente o persoal médico nas dúas localidades, que se reduza a lista de agarda, que se garanta a presenza diaria de médicos e pediatras e esixir á Xunta que cumpra coa súa responsabilidade de proporcionar servizos médicos axeitados no rural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará