Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior proxecta un ecoparque empresarial na Montesiña

imaxe dixital do proxecto ecoparque 02

O proxecto está á espera de recibir a avaliación medioambiental da Xunta de Galicia para continuar cos trámites pertinentes para o seu desenvolvemento urbanístico. Un Ecoparque que está pensado para PEMES, pequenas e medianas empresas, vinculadas co sector secundario ou comercial e que busca integrarse coa paisaxe ao tempo que dar resposta á demanda de superficie para proxectos empresariais.
O proxecto deste Ecoparque Empresarial foi redactado pola empresa Óptima SL dirixida polo arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro e o seu equipo. Trátase dun proxecto para un polígono empresarial para a construción de naves de dimensións medias e integradas na paisaxe. No proxecto tamén se contempla unha grande zona verde dotando ao Ecoparque dun carácter moderno e traballado con espazos de lecer.

Ao estar destinado a empresas pequenas ou medianas, dende o goberno apuntan que non suporá un incremento substancial do tráfico pesado e, pola contra, contribuirá a vertebrar o concello a través dunha zona urbanizada, ben alumeada e cunha superficie comercial dotada de dinamismo económico, vida e mobilidade.

O alcalde Manu Lourenzo puntualizou que o obxectivo é “proxectar unha ampla área comercial e empresarial que suporá un antes e un despois para a vida en Soutomaior, unha área empresarial rodeada de zonas verdes e instalacións deportivas que está chamada a ser un núcleo de progreso e de desenvolvemento económico”.

Trátase dun Ecoparque verde, respectuoso co medio ambiente e pensado en dar resposta á demanda de moitos empresarios que precisan desta superficie para medrar e desenvolver a súa  actividade económica no concello. Un polígono que ademais terá liña de horizonte co fin de integralo na paisaxe polo que as novas naves non suporán elementos que distorsionen a contorna.

Ao longo destas semanas o concello convocará as e os propietarios destes terreos para explicarlles e definir este proxecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará