Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un verán no mar coas escolas dos clubs de remo

Diseño sin título (3)

O CR de Chapela e o do Circulo Cultural Deportivo de Cesantes abren o prazo de inscrición para as escolas de verán. Ambas comezan o 1 de xullo e rematan o último fin de semana de agosto, teñen horario de mañá e inclúen actividades na natureza e no medio mariño.

No caso do CR de Chapela o horario é de mañá de 09:00 horas a 13:30 horas e está pensado para rapazada a partir dos 7 anos. A inscrición pode facerse nas instalacións do Club con dirección na Avd. San Telmo 60, 36320 Chapela a partir das 19:30 horas da tarde, a través do teléfono 986 45 29 76 ou no enderezo c.r.chapela@hotmail.com . O prezo do mes completo é de 120 euros tendo a posibilidade de participar medio mes por 75 euros, ou semanas soltas a elixir por 50 euros cada unha. Dende a directiva expresan que o obxectivo é “desfruta do verán aprendendo un novo deporte, facendo novos amigos e gozando da natureza nun entorno incomparable”.

A escola de verán do CCD Cesantes ten un horario de mañá de 09:00h a 14:00 horas e está enfocado a idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. As actividades, explican dende o club, estarán centradas en “técnica deportiva, xogos, actividades e o aprendizaxe do noso  medio mariño”. O prezo é de 125 euros o mes completo e de 70 euros por quincena. Para máis información está dispoñible o teléfono 666 53 02 95 ou o enderezo ccdcesantes@gmail.com .

Ambas escolas de verán teñen como obxectivo a conciliación familiar e disporán de monitores especializados para as excursións pola natureza. Céntranse no entorno mariño, na convivencia a través do deporte a tamén pretenden iniciar no mundo do remo a novos deportistas interesados en probar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará