Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de lebres de mar mortas aparecen na praia de Cesantes

lebres mas1

A Concellería de Medio Ambiente explica que, tal e como xa acontecera hai un mes, na xornada de onte rexistrouse unha chegada masiva de “lebres de mar” á praia de Cesantes. Trátase dun molusco sen cuncha que xa ten aparecido noutras praias das rías galegas e que foron detectadas este martes. Foi necesaria a intervención dos operarios municipais para a súa retirada xa que foron centos de quilos os que arribaron a Cesantes. A edil Pilar Martínez, explica que se trata dunha especie “totalmente inofensiva, que habita nas rías galegas, pero non é habitual a súa chegada aos areais”.

O cambio na temperatura do mar poden ser o causante de que este animal de aspecto estraño, como se fora unha babosa mariña, acabara varando no noso litoral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará