Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dakidarría e Festicultores actuarán no San Xoán de Soutomaior

DSC09652

O Peirao de Arcade será o escenario no que se desenvolverá un programa de actividades de dous días, o sábado 22 e o domingo 23, que terá como principal protagonista a música, a cargo de Dakidarría, Festicultores Troupe e a Orquestra Claxxon. Haberá tamén inchables para os máis cativos

A programación musical arrancará o sábado as 20:30 coa actuación dos Festicultores Troupe. A continuación subirase ao escenario o grupo Dakidarría. As actividades do domingo arrancará ás 20:00 cun obradoiro interactivo sobre as herbas de San Xoán, seguiralle o espectáculo infantil e familiar de Hípica Celta a partir das 21:00 horas e xa as 22:30 terá lugar o espectáculo “A queima da fachada”, tamén por Hípica Celta. Ás 00:00 procederase ao acendido das fogueiras (unha para adultos e outra para público infantil), e ás 00:30 a Orquestra Claxxon porá o broche de ouro ao San Xoán deste ano. Ademais, o día 23 de xuño a partir das 21:00 horas haberá sardiñada e churrascada a prezos populares.

Un San Xoán concienciado e inclusivo

Dende o concello destacan que se trata dun San Xoán inclusivo que contará co punto informativo “A que xogas?”, co que se pretende concienciar á mocidade sobre os efectos negativos do consumo de alcol e drogas. Poranse en marcha ademais diferentes medidas para garantir que toda a veciñanza desfrute por igual: haberá cascos anti-ruído, unha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos e, como gran novidade, as fogueiras estarán adaptadas para que as persoas con mobilidade reducida e con diversidade funcional tamén poidan facer o tradicional salto de San Xoán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará