O Festival alternativo celebra a súa XVII edición e faino cun intenso programa de concertos e actividades en paralelo que se van desenvolver na praia de Cesante dende este xoves e ata o sábado. Un cartel paritario e con moita música étnica que suporá tres intensas xornadas de música e festas na praia da Punta. Os concertos do xoves será de balde mentres que, dende o ano pasado, o acceso aos concertos de venres e sábado son de pago. Os asistentes poderán gozar da música dos Vacalouras, Dios ke te Crew, Seitura, Terra Livre ou Antón Ké entre outros moitos.
Dende a organización explican que o incremento de público das últimas edicións obrigou a establecer esta entrada co obxecto de controlar o aforo e “evitar un crecemento desmesurado do festival”.
Andrés Edreira fala tamén dunha evolución en canto aos estilos e os grupos que participan no festival, onde se pasou de grupos máis locais e rockeiros e un abano máis amplo con grupo máis variados onde hai oco para sons que van dende o latino, o africano e outras música étnicas.
O festival arrancará o xoves ás 21:00 horas coa actuación de Méraque seguido de Jay & The Smoking Machines e o grupo Mürt xa a partir da medianoite. Un cartel que busca “fuxir da programación doutros festivais da zona” con grupos diversos que adoitan sorprender aos espectadores.
O venres abrirá Antón Ké as sete da tarde unha xornada con grupos como Macheta Supah Sound, Seitura, Kumpania Algazarra, Os Vacalouras e My Baby un grupo con orixe en Nova Zelanda que para Edreira é un dos pratos fortes do festival deste ano.
Un festival que busca tamén a paridade en canto a presenza feminina no cartel. Grupos como Catuxa salom, Hafa afrosweet ou sun iou, entre outros, Grupos todos que actuarán na xornada do sábado que arrancará ás 12:00 horas con Brais das Hortas e Michu da Rocha para dar paso xa pola tarde a unha xornada intensa con formacións como Terra Libre, La Sra. Tomasa ou Dios Ke te Crew encargados de pechar o festival antes da sesión Dj a cargo de Brigada Sound.
En canto as actividades en paralelo céntranse tamén nesa xornada do sábado con balonmán na praia en colaboración coa Sar, o tradicional eskalabirras e obradoiros así como a recollida e limpeza en colaboración con Artelixo.
Dende a organización animan a empregar os buses lanzadeira para achegarse á praia e evitar así problemas na circulación.