O xerente da área sanitaria de Vigo informou que a praza da pediatra en Pazos de Borbén esta garantida e que mentres a titular da praza non cubre o servizo un día á semana haberá un pediatra para atender a nenos e nenas. No caso de Fornelos o seu centro de saúde será dotado dun novo médico a partir deste venres e haberá unha pediatra dispoñible un día a semana.
O xerente da área sanitaria de Vigo Francisco Javier e os alcaldes de Pazos de Borbén, Luciano Otero e Fornelos de Montes, Emiliano Lage reuníanse na xornada de onte para abordar a falta de pediatras e médicos en ambos municipios.
O xerente da área sanitaria de Vigo informou que a praza da pediatra en Pazos de Borbén esta garantida e que está estudando reforzar o servizo cunha unha enfermeira pediátrica. Engadiu que mentres a titular da praza non cubre o servizo, un día a semana haberá un pediatra para atender a nenos e nenas, unha atención que se complementa co servizo de pediatría en Redondela. O xerente tamén valorou varias medidas para aliviar a carga burocrática da actual facultativa que atende a este concello.
No referente a Fornelos de Montes,anunciou que contará cun novo médico para atender aos
veciños e veciñas. Ademais, comprometeu atención pediátrica un día á semana.
O xerente tamén afirmou que máis de 20 novos facultativos de medicina familiar están rematando os seus estudos e incorporaranse de inmediato, o que permitirá cubrir as necesidades de municipios como o de Fornelos de Montes.