Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazo de Santa Teresa acolle o Sensa Afterweek do Círculo de Xóvenes Emprendedores

Pazo 2

O evento terá lugar o sábado 15 de xuño e no mesmo desenvolveranse mesas redondas, catas de viño, eventos culturais e música con Señora DJ, Bingo Show con Petra Porter, Errantes, Boats ‘n Hoes DJ y Galician Army. O aforo do evento está limitado a 300 persoas e a compra das entradas pódese facer directamente dende a súa web no enderezo www.sensafestival.com.
O festival Sensa pretende xuntar lecer e negocio dentro dun mesmo evento. Para iso, contará con dúas mesas redondas, unha delas organizada por Diesemm onde se presentará o seu proxecto Vertical con relatores da talla de Pepe Solla, Angélica Falagán ou o propio David Suárez fundador de Diesemm. A segunda mesa redonda, estará organizada por Igata (Instituto Galego do Talento) con Anxo Fraga á fronte e os relatores Óscar de Miguel, presidente de Startup Galicia, quen explicarán como impacta a Intelixencia Artificial no emprendemento.
A maiores, e xa na parte de lecer, a organización conta con diferentes grupos musicais e DJs, propostas gastronómicas e algunhas actividades culturais e de entretemento. A música e o entretemento correrá a cargo de Señora DJ, Bingo Show con Petra Porter, Errantes, Boats ‘n Hoes DJ e Galician Army. Entre as actividades destacan as catas de viño, un showcooking grazas ao apoio de cervexas Alhambra e até mesmo, a posibilidade de facer unha tatuaxe durante o propio evento.
Este evento evarase a cabo o sábado 15 de xuño a partir das 11:00 no Pazo de Santa Teresa en Redondela (Pontevedra), no que se dan cita representantes, emprendedores e empresarios de distintos sectores buscando sinerxías onde colaborar.
A actividade conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello e a a Asociación de Empresarios de Redondela e Cervezas Alhambra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará