Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuvenil do Pazos ten outra oportunidade de ascenso

436255135_1122102562292307_9152330046238065643_n

O equipo xuvenil do Pazos de Borbén Futsal xógase de novo o ascenso este sábado ás 12:00 horas no Pavillón do Sequelo en Marín. Disputarase a prórroga do partido do 18 de maio contra o Autobox Marín Futsal por motivo dunha mala práxis por parte do colexiado, unha cita inusual que durará só 6 minutos e que determinará o ascenso a Liga Galega Xuvenil.

Todo comezou cando no partido do 18 de maio, correspondente ao partido final da competición xuvenil de Primeira Autonómica F.S na fase de ascenso, o árbitro deu por finalizado o partido nun empate (1-1) sen ter en conta a obrigatoriedade de ir a prórroga. Dende a directiva do Pazos sinalan que “é obrigatorio facer unha prórroga nunha fase final e priváronos desta oportunidade, porque o colexiado fixo unha mala práxis durante todo o partido”. Destacan tamén que “non poden probar a inxustificada anulación dun gol despois do tempo morto que lles concedía a vitoria e o 1-2 no marcador”. Non entenden porque “o árbitro invalidou o gol que daba a vitoria ao Pazos e ademais levou o partido a penaltis sen oportunidade de prórroga”, algo que consideran “intencionado e de mala fe”.

Despois dos penaltis o vencedor foi o Marín, sen embargo a “pouca profesionalidade do árbitro e os seus erros en contra da normativa” levaron ao club a denunciar ante o Comité e pedir unha solución ao que consideran “unha inxustiza, sobre todo tendo en conta que nunha fase final xógaste moito”. Finalmente, o comité deu a razón ao Pazos e concede “a disputa da prórroga omitida e, de darse o caso, unha nova quenda de penaltis se persiste o empate ao término da prórroga”.

Parecía que a liga xa terminara para os xuvenís, pero o sábado 8 de xuño terán a oportunidade de volver a disputar a final e, con ela, a fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará