Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos establece catro zonas “libres de tabaco” nos arredores do centro de saúde, concello, parque infantil e colexio

Espacios Sin Humo- Pazos de Borbén

A Asociación Española Contra o Cancro formalizou un convenio co Concello de Pazos de Borbén polo que se acorda liberar do fume do tabaco catro zonas exteriores, concretamente os arredores do Centro de Saúde, a Praza do Concello e os arredores do Parque Infantil e do C.P,I. Curros Enríquez. A iniciativa Espazos sen Fume busca promover unha vida libre de fume que protexa sobre todo á poboación infanto xuvenil e desnormalizar o hábito de fumar en espazos convivenciales públicos
Reducir o impacto do cancro pasa por reducir o impacto do tabaco, xa que é o causante do 30% de todos os casos de cancro e de 20 tipos distintos. E reducir o impacto do tabaco pasa por reducir os lugares nos que a poboación se ve exposto a el e, sobre todo, os menores.
Con este obxectivo, a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra promove a iniciativa “Espazos Sen Fume” no Concello de Pazos de Borbén. O Alcalde da localidade Xosé Luciano Otero Camiña, acompañado do Concelleiro de Medio, Iván Martínez Ventín asinaron, xunto á presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, Ana García e a técnica de prevención da entidade, Dores Andújar, un convenio de colaboración segundo o cal se fixarán catro zonas exteriores libres de fume en Pazos de Borbén: arredores do Centro de Saúde de Pazos de Borbén, a Praza do Concello e os arredores do Parque Infantil e do C.P,I. Curros Enríquez.
A localidade súmase así a esta iniciativa coa que pretende contribuír a concienciar á cidadanía dos riscos de fumar e as súas consecuencias na saúde.
Esta iniciativa supón unha prohibición de fumar, sen sanción, nas zonas que serán sinalizadas nas próximas semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará