Os irmáns Théo e Álex Gourdon participaron co seu propio equipo Team GR Husqvarna no Campionato Italiano de Supermotard na categoría SM4 no Circuíto Internazionale Busca de Piemonte, onde conseguiron chegar ao podio a pesar de ser a primeira vez que participan.
Álex acadou o terceiro posto e Théo acabou de décimo, facendo unha remontada heroica despois de caer nas primeiras voltas. O primeiro posto foi para o italiano Mattia Rato e o segundo para Alessandro Sciarretta, dous deportistas consolidados nesta modalidade.
A próxima fin de semana, 15 e 16 de xuño, tanto Álex como Théo defenderán o liderado do Campionato de España de Supermotard no Circuíto de Forcarei en Soutelo de Montes (Pontevedra) onde se disputa a segunda manga do Campionato de España.