Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago do CAR revalida o título de campión galego en salto de altura

447667124_122119257356306175_4984944186633840433_n

Gael Couñago Romasanta culminou con éxito o último campionato galego sub18 de pista ao aire libre, celebrado este domingo nas pistas de Balaídos. Conseguiu revalidar o título de campión galego en Salto de Altura mellorando a súa marca persoal.

O atleta dominou a pista por segunda vez e mellorou a súa marca en 1 centímetro. Se o ano pasado alcanzaba os 1,85 metros, esta tempada superouse a si mesmo chegando aos 1,86 metros.  Gael participou tamén na proba de 200 metros conseguindo clasificarse para a final e mellorando tamén a súa marca persoal, acadando un tempo de 23,71.

Pola súa banda, David Lago Alonso acadou a coñecida como medalla de chocolate ou cuarto posto na proba de 1500 metros cun tempo de 4:32.73. Unha fantástica carreira que se suma aos logros dos atletas do Club de Atletismo de Redondela.  Tamén participaron nesta competición na cidade olívica Hugo Couñago Cabaleiro en 100 e 400 metros, Yago Ortega Seoane en 800 metros e María Ulla Couñago en 400 metros.

Esta non foi a única competición desta fin de semana na que os atletas do CAR destacaron. Estiveron presentes tamén no Campionato Galego Sub10/Sub12 celebrado o sábado na cidade de A Coruña, onde participaron un total de 11 atletas da base. Aquí,  Sabela Muíños Orge (sub10) proclamouse subcampioa galega na proba de 50 metros e obtivo a medalla de chocolate na proba de Salto de Altura.

O próximo sábado 15 de xuño dispútase en Vigo o Campionato Galego Absoluto onde Gael Couñago  participará en Salto de Altura. O obxectivo é superar o resultado do ano pasado cando quedou de subcampión levando a casa a prata.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará