A Alameda de Redondela acollerá dende este xoves día 13 ata o domingo 16 unha nova edición da feira de libro con postos de venta a cargo das librarías La Imprenta, Moliere, Mandamama, prisma e Galgo Azul ademias dunha extensa programación de actividades paralelas que inclúen encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros e teatro. A feira abre as súas portas este xoves ás 12:00 horas coa lectura do pregón a cargo de Fina Casalderrey. As librarías participantes ofrecerán un 10% de desconto en todos os seus libro. O horario será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
A programación do xoves inclúe o espectáculo familiar A Ramona pequena vaia á Lúa de Pakolas ás seis da tarde a a continuación a presentación do libro Dakota de Masha Álvarez acompañada do director da Editorial galaxia, Marcos Calveiro.
O venres a carpa de actividades encherase de música con Paco Nogueiras e o espectáculo infantil “Son animal” ás 18:30 e unha hora despois chegará o espectáculo poético a dúas voces “Man a man” con Samuel Merino e Silvia Penas. Na librería la Imprenta Ramón Otero asina Peregrino.
Roupa Tendida de Xarope Tulú é o espectáculo elixido para amenizar ao público infantil na xornada do sábado, día no que haberá tamén presenza Redondela con Roberto Sanmartím, Carlos Pazos-Justo e Fernando Martínez Arribas quen presentan o libro “50 anos de abril na Galiza”.
O domingo haberá teatro con Pedras de Cartón e a obra Moby Dick as seis da tarde na carpa de actividades, lugar no que a valedora do Pobo María Xose´Porteiro acompañará a Rexina Vega na presentación do libro O teu perfil na miña sombra.