Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de natación de Redondela suma 5 medallas ao seu palmarés

441903700_1227177045298789_8543307849381707985_n

O Club de Natación de Redondela participou en distintas competicións durante a fin de semana do 8 e 9 de xuño, destacando en distintas categorías e levando para casa un ouro, unha prata e tres bronces.

José Ferreira conseguiu o títlo de campión galego en 400 metros lisos no Campionato Galego Másters de Verán Xunta de Galicia disputado esta fin de semana na Piscina Rosario Dueñas de Ourense. Desta forma suma un título máis o seu traballo que inclúe tamén o segundo posto no Campionato Galego de Longa distancia en 1500 metros libres conseguido en marzo deste ano.

Martín González e Paulo Gunche participaron no Campionato Provincial celebrado en Pontevedra acadando distintos postos no podio. Paulo acadou a prata en 100 metros libres (54”60)  e o bronce en 400 metros (4’51”97), mentres fíxose co bronce en 100 metros libres e o bronce tamén en 100 metros bolboreta. Os dous nadadores tamén estiveron no Trofeo Pedro Escudero en Ourense onde Paulo Gunche conseguiu a mínima nacional na proba de 50 metros costas cunha marca de 29,3 e bateu o récord do club en 100 metros costas cun tempo de 1,02,40. Á vez destacou Martín González que bateu dous récords: Conseguiu unha marca de 57,17 en 100 metros libres outra de 25,77  en 50 metros libres, rozando a mínima nacional. Unha mostra máis da forza e o potencial dos nadadores do club que van superando a súas propias marcas e deixando novos récords na entidade deportiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará