Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O I Campus de Verán do Campito Chapela organiza visitas con xogadores de ligas nacionais

444165133_122148276704105837_2526012260905115383_n

O Campito Chapela F.S. organiza por primeira vez un campus de verán coa intención de facilitar a conciliación do traballo coas vacacións escolares. Terá lugar no Pavillón de deportes de Chapela “Manuel González Soto” durante as semanas do 26 ao 30 de agosto e do 2 ao 6 de setembro e está pensado para rapazada entre os 4 e os 14 anos.

O horario é de mañá, de 9:00 horas a 14:00 horas, coa posibilidade de amplialo de 7:30 horas a 15:00 horas para aquelas persoas que o necesiten. As actividades serán variadas e contemplan  distintos deportes, tendo como protagonista o fútbol sala e coaliciente de visitas con xogadores de ligas nacionais desta disciplina. Un Campus de verán pensado “con ilusión, deporte e a idea de facer amigos novos, desfrutar das últimas semanas de vacacións e pasalo ben entre risas e alegrías”, explican dende a organización.

Os prezos varían en función das datas e o horario. Unha semana ten un custe de 55 euros en horario de 09:00 horas a 14:00 horas, de 65 euros se amplías unha hora a entrada ou saída e de 70 euros se escolles o horario ampliado de 7:30 horas a 15:00 horas; dúas semanas teñen un custo de 100 euros en horario  de 09:00 horas a 14:00 horas, de 120 euros se amplías unha hora a entrada ou saída e de 130 euros se escolles o horario ampliado de 7:30 horas a 15:00 horas. Ademais contan cun desconto do 15% para os socios e do 20% para os irmáns.

O Campito Chapela F.S, pon a disposición o número de teléfono 607 34 76 28 para calquera dúbida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará