Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Vázquez: “Almorzo, como e ceo deporte”

329472327_948643172733702_5586673141547796220_n

Foto de Patry Rivas

Iván Vázquez retírase como xogador para facerse cargo do equipo de Primeira Autonómica da SAR en sustitución de Manolón e despois de toda unha vida dedicada ao club. Comezou na categoría benxamín con 8 anos, fíxose cargo da coordinación da base e adestrou a equipos de distintas categorías ata chegar, agora, a dirixir o primeiro equipo masculino.

A decisión de deixar a pista como xogador “non foi sinxela, pero é inviable xogar e adestrar ao mesmo tempo”. A SAR é algo moi importante para el, polo que síntese “orgulloso e ilusionado” con este novo proxecto. “Comecei adestrando a alevíns e pouco a pouco fun avanzando ata chegar a ser coordinador da base, unha faceta á que dediquei 5 anos”. Con toda esta experiencia,  “o club pon confianza en min e considera que estou preparado para esta nova etapa”.

“A aprte máis dura da decisión foi deixar de ser xogador”, Iván Vázquez.

A figura do adestrador é complexa “por ter que reflexar autoridade” . Un dos temas a xestionar no primeiro contacto co equipo dende esta nova perspectiva é “diferenciar ben o rol que desempeño agora”, algo que di “non vai a ser conflitivo, no que todos teñen que poñer da súa parte”. Leva xogando anos co grupo de xogadores que agora ten que dirixir e a moitos deles incluso os chegou a adestrar cando estaban na base .   

“O equipo está conformado por compañeiro, pero tamén por amigos aos que coñezo de toda a vida”, Iván Vázquez.

Confía na súa preparación para conseguir cumprir os obxectivos.  Conta con moitos anos de experiencia cunha ampla formación, desde o título de Adestrador Nacional de Balonmán ata o Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte da Universidade de Vigo. Nestes momentos traballa na empresa Quare de formación deportiva e recreativa e é preparador físico do Mecalia Atlético Guardés que milita en División de Honra. Os eu currículo demostra que a súa paixón é o deporte, polo que “non supón un esforzo dedicar o meu día a día por completo a estas actividades”.

“Almorzo, como e ceo deporte”, Iván Vázquez.

A dinámica que vai seguir para adestrar ao primeiro equipo basease na canteira e en conseguir manter “unha plantilla cen por cen de Redondela”. De momento, no seu primeiro achegamento “todos os xogadores confirmaron a súa continuidade”, aínda que “botarase de menos a veteranía de Gabo” quen se retirou fai pouco deste deporte.

“Haberá dúas incorporacións do xuvenil, pero todo o demais seguirá igual”, Iván Vázquez.

O técnico sinala con satisfacción os logros dos últimos anos, porque “é todo un mérito chegar a unha fase de ascenso cunha plantilla conformada na súa maioría por rapaces menores de 20 anos”. A SAR OP Mobility fíxose un oco este ano no sector de ascenso a Primeira Nacional Masculina celebrado no País Vasco, despois de proclamarse campión na Final Four. Finalmente quedaron ás portas pero a intención é acadar de novo esta oportunidade. Cabe destacar o título de Campións da Copa Federación que conseguiron tras vencer por 27-25 ao Seis do Nadal.

“É algo moi especial poder seguir traballando cos meus compañeiros”, Iván Vázquez.

O proxecto que nace con Iván está exposto a longo prazo. Con respecto á tempada seguinte, cando se estree como adestrador do sénior, o obxectivo será “realista” e a intención é chegar de novo á Final 4. A directiva “transmitiu moita confianza” e non lle fixeron sentir “presión”.

“Non pelexar polo ascenso sería unha pena”, Iván Vázquez”.

Este ano tócalle asumir “un gran reto e mostrar a mellor versión de si mesmo” achegando todos os seus coñecementos e experiencia para liderar ao equipo de Primeira Autonómica desde a bancada.

Entrevista completa a Iván Vázquez.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará