Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fina Casalderrey rende homenaxe aos libreiros no pregón que dá inicio a feira do libro

Foto portada (1)

A Praza do Concello acolleu a presentación que deu inicio a Feira do libro de Redondela. Alí estiveron presentes representantes da Federación de Librarías de Galicia, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, así como a Concelleira de Cultura, a alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o portavoz dos libreiros de Redondela Pedro Táboas. Trátase dun encontro cultural que ocupará a Alameda de Castelao ata o próximo domingo 16 de xuño e que reúne máis de 30 actividades en torno á lectura.

A cita inaugurouse hoxe coa lectura do pregón a cargo da escritora Fina Casalderrey, referente da literatura galega infantil e xuvenil e recentemente nomeada ao Premio internacional Memorial Astrid Lindgren 2024. Casalderey  leeu un escrito falando da importancia da lectura e honrando a tradición de Redondela e aos libreiros e libreiras, porque “os libros sen libreiros son como un xardín sen xardineiro”.

Evocou tamén no seu discurso a “Dúas Letras”, un traballo que mestura audiovisual e escrita da autora xunto con Eloy Varela que fixeron alá polo 2011.  O proxecto recrea a Galiza rural dos anos cincuenta, “as aldeas nas que nin unha casa quedaba libre da maior fenda que sofreu o país”. Unha homenaxe ás cartas da emigración e ao que elas supuxeron”.

A alcaldesa Digna Rivas quixo agradecer a presenza da autora, “un referente para ela dende que é moza” e tamén á organización e aos libreiros e libreiras de Redondela “que fan posible que hoxe nos xuntemos aquí ao redor da lectura”.

A Feira do Libro de Redondela, cun horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, contará coa participación de Galgo Azul, Libraría La Imprenta, Libraría Prisma, Libraría Molière e Mandamama. As librarías participantes ofrecerán un 10% de desconto en todos os seus exemplares.

Pedro Táboas, da librería Molière, foi o encargado de dar voz aos seus compañeiros de oficio nun discurso cheo de cariño centrado no lema desta edición: Atopa a túa historia e que cada libro sexa unha aventura que conforme a túa vida”.

Tras a presentación dá comezo unha ampla programación na que se inclúen máis de 30 actividades culturais como presentacións, sinaturas de libros, espectáculos musicais ou sesións de teatro infantís. A programación de hoxe inclúe o espectáculo familiar A Ramona pequena vaia á Lúa de Pakolas ás 18:00 horas da tarde e a continuación terá lugar a presentación do libro “Dakota” de Masha Álvarez, acompañada do director da Editorial galaxia, Marcos Calveiro.

ACTIVIDADES

O venres a carpa de actividades encherase de música con Paco Nogueiras e o espectáculo infantil “Son animal” ás 18:30 e unha hora despois chegará o espectáculo poético a dúas voces “Man a man” con Samuel Merino e Silvia Penas. Na librería la Imprenta Ramón Otero asina Peregrino.

Roupa Tendida de Xarope Tulú é o espectáculo elixido para amenizar ao público infantil na xornada do sábado, día no que haberá tamén presenza Redondela con Roberto Sanmartím, Carlos Pazos-Justo e Fernando Martínez Arribas quen presentan o libro “50 anos de abril na Galiza”.

O domingo haberá teatro con Pedras de Cartón e a obra Moby Dick as seis da tarde na carpa de actividades, lugar no que a valedora do Pobo María Xose´Porteiro acompañará a Rexina Vega na presentación do libro O teu perfil na miña sombra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará