Foto: Policía Local Soutomaior
En Redondela foron máis de 30 pneumáticos os que apareceron no Camiño da antiga vía do tren. No caso e Soutomaior as rodas foron depositadas de xeito irregular no barrio de Alxán na noite do día 14. Así o denunciou a través as súas redes sociais a Policía Local quen fai un chamamento a calquera testemuña para que se poña en contacto co propio concello, a policía ou directamente o Seprona para poder esclarecer o acontecido.
A coincidencia no tempo de ambos os dous feitos –en Soutomaior o día 14 e en Redondela foron detectados o día 15- fai sospeitar que fosen autoría da mesma persoa. Unha das hipóteses que se baralla e que un taller clandestino tenta desfacerse dos pneumáticos para eludir así a taxa que teñen que abonar para a súa recollida e correcto tratamento.
Dous vertedoiros ilegais nos que se localizaron estes pneumáticos que foron depositados no lugar de xeito completamente irregular xa que a lexislación prohibe o abandono, vertido ou eliminación incontrolada deste material elaborado con ata 200 compostos diferentes (mestura de caucho natural e sintético, azufre, cadmio…) o que explica a necesidade de xestionar axeitadamente estas rodas, illando da contorna estas substancias contaminantes.
A maiores, estes pneumáticos abandonadas no campo poden acumular auga de chuvia no seu interior circunstancia que facilita a reprodución dalgúns insectos capaces de propagar enfermidades, por exemplo, o mosquito tigre.