Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campo de Fútbol de Chapela renova o céspede e a iluminación

Campo de Fútbol Chapela

Os traballos inclúen o cambio de céspede artificial por un de última xeración, a substitución dos proxectores de luz por uns de tipo LED, novos canóns de rego e porterías e suporán un investimento de 260.000 euros. As obras estarán rematadas no prazo de dous meses.

As obras de renovación do Campo de Fútbol Municipal de Chapela inclúen a substitución do céspede artificial en todo o terreo de xogo, en total 6.000 metros cadrados. A nova superficie será de céspede artificial de última xeración, lastrado con area de sílice e caucho. O concelleiro de deportes, Iván Valles, explica que coa reforma consérvanse as dimensións actuais do campo de fútbol 11 e dos dous campos de fútbol 8, coa marcaxe correspondente “de xeito que servirá como ata o de agora para a práctica de fútbol 11 no lado longo e con dous campos de fútbol 8 no lado curto, para que se poidan xogar dous partidos ao mesmo tempo”.

A obra inclúe tamén a substitución dos proxectores de luz actuais por uns de tipo LED “o que supón a mellora da eficiencia enerxética ao tempo que cumprimos coas condicións lumínicas para o xogo”, sinala Valles. Tamén se renovarán os canóns de rego por uns novos, así como as redes da porterías de fútbol 11.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que esta reforma é posible grazas ao acordo subscrito o pasado ano entre o Concello e a Comunidade de Montes de Chapela, que cedeu os terreos e agora son propiedade municipal. O campo de fútbol presentaba un importante deterioro “polo que era moi necesario acometer esta obra”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A rexedora, que visitou as obras co edil de Deportes e o presidente do CF Chapela, Jose Benito Hermida, lembrou que era o seu compromiso para este mandato realizar o cambio de céspede en Chapela coa primeira subvención que recibisen para dotacións deportivas “e así o estamos a facer”.

O financiamento corre a cargo do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e do Plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra. O contrato foi adxudicado a Obras y Pavimentos Especiales, SA, por un importe de 259.473,28 euros. O prazo para a execución da obra é de dous meses, polo que o campo estará listo para o comezo da próxima pretempada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará