Hoxe é Sábado 28 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcha cicloturista a Cedeira

marcha cicloturista

O centro cultural da parroquia organiza a XXXV edición da súa marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro domingo 23. A saída está prevista ás 10:30 horas dende a sede do centro e o percorrido levará aos participantes ata o peirao de Cesantes, lugar onde se encamiñarán novamente cara o centro cultural.

Os participantes deberán recoller o dorsal media hora antes da saída onde se lles entregará tamén unha camiseta da organización. Ao finalizar a marcha sortearanse cinco bicicletas así como diferente material deportivo entre todos os ciclistas participantes.

Esta cita deportiva conta coa colaboración do Concello, a Deputación de Pontevedra, a Comunidade de montes de Cedeira así como varias casa comerciais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará