Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos acolle a proxección do documental “Os días afogados”

s dias afogados

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela pecha esta fin de semana o ciclo de cine en galego co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. Será este sábado, 22 de xuño, ás 20.30 horas no auditorio da Xunqueira con entradas a 2 euros.
O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque. Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a piques de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará