O Concello de Redondela autorizou un total de 52 cacharelas que arderán este domingo na noite de San Xoán. A maior parte delas, 44, son autorizacións para propietarios de terreos particulares, e 8 de centros culturais e asociacións.
As fogueiras que preparan os colectivos das diferentes parroquias son a do CCRD Cabeiro, a AVDC Miñoteira de Ventosela, Rande ADC, o Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, CCD Cesantes, Asociación de Festas do Carme de Soutoxusto, ACR de Quintela e Comunidade de Montes de Saxamonde.
A Comisión de Festas de San Xoan de Cabeiro comeza ás 20:00 horas coa Gran sardiñada, amenizada polo grupo de gaitas “Os fillos de Pile”, a charanga a cargo de “Vai de Baile”. O grupo “Grupo Ritmo” e a orquestra “Travesía”. A partir das 00:00 horas terá lugar a GRAn Fogueira con fogos artificiais.
A Comisión de festas Das Dores do Barrio de Tuimil tamén terá fogueira no Torreiro da Festa e a Asociación Cultural e Veciñal coñecida como “A Miñoteira” de Ventosela acenderá a fogueira nas inmediacións do seu Centro Cultural, acompañada de sardiñada a partir das 21:00 horas e o sorteo dun Xamón. Os socios teñen o primeiro prato de balde que inclúe sardila, pan, viño e queimada.
A Asociación Deportiva e Cultural de Rande celebra San Xoán a partir das 21:00 horas na Carballeira do Meirande con Sardiñada a prezos populares e a participación da agrupación “O Esteiro de Rande” e o grupo de Gaitas “Son do Castro”, as pandereteiras “Ledicia”.
O Círculo Cultural Deportivo de Cesantes organiza a partir das 20:30 horas a festa de San Xoán no “Murallón” de Cesantes coa colaboración da Orquestra de Saxos de Redondela e Charanga MIL9. Comida e bebida a prezos populares. Ademais, o Club de Remo de Cesantes celebra a súa propia festa nas instalacións do clup a partir das 20:00 horas con sardiñas a cargo da organización e choripanes e bebidas a prezos populares. Invitan a xente a “traer comida para compartir nunha xornada de conviviencia”.
Por último, o Centro Cultural de San Estaban de Negros, a Asociación de Festas do Carme de Soutoxusto, Asociación Cultural de Quintela e Comunidade de Montes de Saxamonde, acollen as festas de San Xoan organizadas polas distintas asociacións veciñais das parroquias.