Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival de fin de curso da Asociación Cultural de Chapela inclúe baile, música e un desfile de moda

347396940_649584637196602_8460332735047768897_n

O apeadoiro da vía verde de Chapela será o escenario do festival de fin de curso da Asociación Cultural e Social de Chapela que se celebra este domingo 23 de xuño a partir das 18:00 horas. Na programación podemos atopar música, baile e un desfile de moda realizado polas alumnas do Curso de Costura.

A Asociación Cultural e Social de Chapela fai unha labor social importante na parroquia organizando de cursos e actividades de carácter cultural entre os que podemos atopar clases de baile e de música, aerobic, abrazoterapia, calceta, canto, teatro, debuxo e pintura, costura, bailes de salón, cociña, inglés e mesmo actividades deportivas como ioga, pilates, sendeirismo, ou zumba. Coa finalidade de despedir o curso e dar comezo ao verán organizan un festival coa participación do seu alumnado. O festival comezará ás 18:00 horas da tarde coa actuación do grupo de música tradicional da Asociación Cultural de Chapela. O grupo de Zumba será o encargado de poñer a parte musical e baile desta xornada, que seguirá coas actuación do alumnado de baile infantil e baile latino.

A moda será, por primeira vez, parte deste festival da man das alumnas do curso de costura da Asociación que realizarán un pase para mostrar os traballos feitos este ano e para finalizar a monitora de Zumba dirixirá un espazo de animación sorpresa.

A participación é de balde e dende a organización animan á xente a achegarse este domingo ao apeadoiro da Vía Verde de Chapela, na antiga estación, a partir das 18:00 horas da tarde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará