Hoxe é Luns 1 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega RedondelArte, unha fin de semana de arte, música e obradoiros para a mocidade

redondelarte

As xornadas deste programa celebraranse na fin de semana do 20 ao 21 de xullo, con pensión completa e pernocta, e están dirixidas á rapazada desde os 6 ata os 18 anos. O prezo é de 45 euros e o prazo de inscrición estará aberto desde hoxe 24 de xuño ata o 10 xullo. Máis información no enderezo redondelarte2024@gmail.com. Reservas no Concello de Redondela, no teléfono 986 400 300 ou no enderezo electrónico concello@redondela.gal.

RedondelArte inclúe actividades plásticas, talleres de música, construción de instrumentos, deportes urbanos e danza. Unha intensa fin de semana que a concelleira de Infancia, Pilar Martínez, define como unha nova iniciativa “na que xuntamos todas as disciplinas artísticas que se imparten en Redondela para que nenos, nenas e mocidade poidan coñecelas e probar distintas actividades durante toda a fin de semana”. A actividade está dirixidas para rapazada desde os 6 ata os 18 anos.

As xornadas artísticas comezarán o sábado día 20 ás 9.30 da mañá no pavillón da Marisma, con actividades ao longo de todo o día en diferentes emprazamentos. Na velada do sábado haberá unha exhibición de deportes urbanos no skate park e participarán na elaboración dun mural. Os participantes pasarán a noite no pavillón e o domingo realizarán diferentes obradoiros, para rematar ás 9.30 co fin de festa na Praza da Casa da Torre. As actividades serán impartidas polas escolas Ao Teu Ritmo, Mimarte Taller Creativo e a escola de danza CDPI.

A proposta de RedondelArte, subvencionada polo Concello, ten un copago de 45 euros por participante, 40 no caso do segundo irmán. O prezo inclúe todas as actividades da fin de semana, materiais, monitores cualificados, pernocta e pensión completa.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 24 de xuño ata o 10 xullo. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. Máis información no enderezo redondelarte2024@gmail.com. Reservas no propio Concello de Redondela, no teléfono 986 400 300 ou no enderezo electrónico concello@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará