Vilaxoán acolleu este sábado unha intensa xornada de remo. Pola mañá coas categorías inferiores e pola tarde coa Bandeira concello de Vilagarcía de traiñeiras con vitoria para o Club de Remo de Chapela na categoría masculina e feminina.
Na única tanda feminina, Chapela amosou o seu podería dominando de principio a fin. Percorreu os 2.778 metros nun tempo de 11:15.81, por diante das dúas tripulación da Liga Euskotren. Tirán foi segunda e Cabo terceira, mentres que a cuarta praza foi para Rianxo.
Na categoría masculina, os de Redondela dominaron a regata con autoridade impóndose cun tempo de 20:13.96. Ares entrou segundo a máis de 13 segundos e Bueu clasificouse no terceiro lugar seguidos de Cabo.