Hoxe é Sábado 29 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio celebra o Festival de fin de curso no Multiúsos e xornadas de portas abertas no centro

conservatorio

O Multiúsos da Xunqueira acolle hoxe ás 20:30 horas o tradicional concerto de fin de curso do Conservatorio Victor Ureña no que participa o alumnado do centro educativo. No escenario poderase ver as habilidades dos futuros músicos así como o coro de pais e alumnos que interpretarán grandes éxitos dos anos 80 acompañados pola banda de Música do Conservatorio.
Por outra banda, organizan unhas xornadas de portas abertas co obxectivo de que pais, nais e rapazada coñezan as modalidades musicais que se imparten no centro. Así quen queira achegarse poderá facelos os días 26, 27 e 28 en horario de 18:00 a 20:00 horas para percorrer as instalacións e achegarse aos diferentes instrumentos que alí se imparten: piano, violín saxofón, clarinete, percusión, frauta traveseira, trompeta, trompa e trombón.
O prazo de matrícula remata o vindeiro venres día 28. Máis información no enderezo https://conservatorioprofesional.redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará