O Centro Cultural de Vilar acolle un obradoiro presencial gratuíto de conservas vexetais impartido por Pilar Sotelino, emprendedora e veciña de Redondela de Mermeladas Avoa Makika. A actividade desenvolverase os sábados 29 de xuño e 6 e 13 de xullo en horario de mañá. A inscrición está aberta no enderezo formacion@fundacionformavigo.com e no teléfono 600 060 146 ou a través da páxina web
Os asistentes ao curso aprenderán a elaborar conservas de xeito tradicional como un método fantástico para ter almacenados produtos de tempada para consumir o resto do ano, para aproveitar os excedentes e das que botar man para cociñar en calquera momento.
Dende a Fundación Formavigo e subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade, ponse en marcha no Centro Cultural de Vilar de Infesta, os sábados 29 de Xuño e 6 e 13 de Xullo en horario de 09:30-13:30h, un obradoiro presencial gratuito de conservas vexetais. Da man de Pilar Sotelino, de Mermeladas Avoa Makika, emprendedora e veciña de Redondela.
Para poder participar no obradoiro é necesario inscribirse a través do correo electrónico formacion@fundacionformavigo.com , no teléfono 600 060 146 ou a través da páxina web https://fundacionformavigo.com e traer un bote de cristal reciclado de entre 250-350ml. Darse preferencia ás persoas en situación de desemprego.