Hoxe é Sábado 29 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós insta ao Concello a corrixir os pictogramas por “vulnerar a ordenanza do uso do galego”

pictogramas

O colectivo cultural presenta ao Pleno unha moción na que reclaman ao goberno local que proceda a substituir todos os pictogramas actualmente instalados en edificios municipais por outros que si cumpran a Ordenanza Municipal. Instan tamén ao concello a que esixa á concesionaria do tren turístico a substituír a súa actual sinaléctica por outra que empregue tamén o galego.

Logo dun ano reclamando que se substitúan os pictogramas que identifican os diferentes servizos e espazos municipais que ao seu entender “rozan o ridículo cando se inclúen textos en galego e en castelán”, o colectivo decide levar o asunto ao pleno a través dunha moción. Explican que é completamente innecesario incluír a lenda “sala de reuniones” ou “escaleras” cando a sinal xa recolle o debuxo e o texto en galego “sala de reunións” e “escaleiras”. Lembran que “a función comunicativa destes rótulos é principalmente a que transmite a súa imaxe, e o texto mesmo sería prescindible. Engadir dous textos en dúas linguas, aparte de incumprir a norma, é absolutamente innecesario”.

Unha moción que chega avalada por un informe do técnico do servizo de Normalización Lingüística do propio concello “informe con data de 21 de xaneiro de 2024 na que se conclúe que os pictogramas deben estar rotulados so en galego”.

Na mesma moción reclaman tamén que se esixa a concesionaria do tren turístico a cumprir a Ordenanza de Normalización Lingüística deste Concello “a súa cartelería é bilingüe: en castelán e en inglés, sen rastro do galego. Estamos a falar, non so dos rótulos que figuran non propio tren, se non tamén dos cartaces que exhiben nas súas paradas, tanto na praza Santiago Apóstolo, como na Punta da praia. Entendemos que élle de aplicación o mesmo artigo da Ordenanza , na parte que se refire a “servizos públicos e da rede viaria municipal”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará