Hoxe é Luns 1 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela desvincúlase da mobilización convocada para hoxe contra o PXOM

concnetración

Foto: Fon Decon

Entende que a protesta que está convocada para as 19:30 horas ás portas do Multiúsos da Xunqueira, lugar no que media hora despois se vai celebrar o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño, busca “tombar o plan”. Un documento urbanístico que o colectivo veciñal entende é prioritario para o Concello en xeral e para a parroquia de Chapela en particular que necesitan un PXOM para deixar de depender dunha normas subsidiarias “totalmente obsoletas”. O colectivo presentou un total de 28 alegacións.

O presidente da Asociación de Veciños, Marcial Pérez, explica que a suposta mobilización así como as alegacións da Federación de Asociacións de veciños non conta co apoio do colectivo de Chapela “xa que dita Federación non funciona dende hai máis de dez anos”.

Marcial Pérez, Asociación veciños Chapela

Malia recoñecer que o PXOM aprobado inicialmente polo Pleno presenta algunhas carencias “tamén deseña viais, camiños, espazos públicos e zonas verdes moi necesarios para a veciñanza”. En canto ás posibles eivas detectadas “xa presentamos as correspondente alegacións co obxectivo de que sexan tidas en conta e que dito plan se modifique antes da súa aprobación provisional”.

Explica Marcial Pérez que a Asociación presentou un total de 28 alegacións de cara a mellorar este plan.

Concentración ás 19:30

Baixo o lema “PXOM inxusto” hai convocada unha concentración para esta tarde que dende o goberno local non entran a valorar. Neste sentido apunta a alcaldesa Digna Rivas que non condena a convocatoria deste tipo mobilizacións pero insiste en que “o inimigo neste asunto non é o goberno local nin o Concello que está a poñer todo da súa parte para que a cidadanía poida mellorar o PXOM coas súas achegas”.

Digna Rivas, Alcaldesa Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará