Hoxe é Luns 1 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigada unha muller tras abandonar cinco cachorros ao carón dun colector en Cedeira

cnas

A muller, que foi identificada grazas á colaboración veciñal, foi denunciada pola Policía Local no Xulgado de Redondela e enfróntase a un delito de abandono animal.

Os feitos aconteceron no mediodía do domingo ao redor das 13:16 cando un veciño do lugar chamou á Policía Local para informar do achado de cinco cans recén nacidos nun caldeiros ao carón dun colector de lixo no camiño Condesa de Torrecedeira na parroquia de Cedeira.

A investigación levada a cabo polos axentes xunto con diferentes testemuñas, fixeron posibles identificar a persoa propietaria da cadela que tivera aos cachorros, uns animais que posteriormente a investigada tería deixado abandonados xunto ao colector de lixo.

Por todo iso, foi investigada e deuse conta dos feitos ao Xulgado de Redondela. Enfróntase agora a un presunto delito de abandono animal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará