A Escola de Música de Chapela celebra este venres 28 ás 18:00 horas no Multiusos da Xunqueira o seu festival fin de curso. O repertorio de todas as pezas que se interpretarán neste concerto xirarán en torno a coñecidas Bandas sonoras de cine. A entrada e libre hasta completar aforo. A escola decide realizar este festival na Xunqueira “ante a falta de espazos axeitados na parroquia de Chapela”
O festival de fin de curso contará coa participación do alumnado de música e movemento, linguaxe musical, canto, guitarras, violíns, metal, percusión, madeira así como os integrantes da Banda da Escola. O repertorio xirará en torno ás bandas sonoras orixinais de diferentes e coñecidas películas.
Explican dende o Centro educativo que esta é a primeira vez que celebran o seu festival no auditorio da Xunqueira o non contar con espazo suficiente na súas actuais instalacións con respecto o alumnado do que dispón, preto de 250 alumnos. Explican que o insuficiente aforo no multiusos de Chapela levounos a desprazar esta actividade para poder garantir aló menos a presenza dos pais e nais do alumnado como parte do público.
Aproveitan esta convocatoria para lembrar que a falta de espazo tanto na escola de Música de Chapela como no edificio multiusos da parroquia é unha reivindicación pola que Asociación Cultural e social de Chapela leva anos loitando, tanto para poder atender a demanda das actividades que oferta en ambos centros como pola falta de espazos para diferentes colectivos da parroquia.