Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

20 persoas encargaranse de manter en condicións as rúas de Soutomaior

Imagem WhatsApp 2024-05-02 às 13.29.05_861b83d4

O Concello de Soutomaior vén de ampliar o seu cadro de persoal de traballos de rúa (albaneis, peóns forestais e persoal varredor), contando agora mesmo con máis de 20 persoas realizando labores de mantemento e limpeza de vías municipais, varrido, rozado de maleza e albanelería.

En concreto, o Goberno local incorpora á brigada de obras, a través de fondos propios e de subvencións de diferentes institucións, 8 peóns forestais, 4 varredores e varredoras e 1 albanel co obxectivo de dar un mellor servizo á veciñanza e garantir que Soutomaior estea limpo e arranxado.

Esta cifra supón un notable incremento con respecto ás tres persoas que forman parte do persoal municipal e coas que unicamente contaba este Concello en setembro do ano pasado.

Parte do novo persoal que vén de incorporarse nos últimos días manterase no cadro de traballadores durante o que queda de ano ” o que evitará que se repita esta situación insostible de contar unicamente con tres traballadores na rúa. Unha situación herdada pola xestión do anterior grupo de goberno e que facía imposible garantir a mínima eficiencia na prestación de servizos municipais” asegura o alcalde, Manu Lourenzo.

Sinalou tamén que é consciente da imposiblidade de chegar a todos os lugares do concello que precisan de mantemento de maneira inmediata “mais hoxe por hoxe Soutomaior é un concello mellor, cun proxecto claro e definido, que non deixa a ningún barrio nin veciño atrás e que traballa para que a nosa veciñanza desfrute dun concello limpo e arranxado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará