Hoxe é Luns 1 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Felix Rial e Alex Rodríguez novos adestradores no Choco

choco adestrador 1

O que fora xogador do propio club e tras pasar un ano no Alondras decide colgar as botas para dirixir ao equipo de preferente. Felix Rial (Vigo 1990) estará acompañado na dirección do equipo por Richy Álvarez como segundo adestrador e Raúl Lens como preparador físico. Pola súa banda Álex Rodríguez será o encargado do equipo Xuvenil de División de Honra

Preferente

Logo de 28 anos xogando ao fútbol, Rial deixa a súa gran paixón para ponerse ao fronte do equipo de Redondela. O corpo técnico xa está traballando na confección do equipo co obxectivo de realizar unha campaña ilusionante que Rial afronta “con moitas gañas de facelo ben” no seu regreso a que foi a súa casa durante nove anos.


División de Honra Xuvenil

Despois dun ano histórico con Hugo Álvarez ao mando do equipo e Álex como segundo adestrador, este ano haberá cambio de rol para afrontar esta segunda tempada consecutiva na máxima categoría. Para iso, Álex, contará con Daniel Yáñez como segundo adestrador.

Esta tempada suporá un reto xa que practicamente case todo o grupo do ano pasado pasa a senior, e o equipo deberá acoplarse e configurarse de novo. Para iso o xa novo adestrador, está a traballar na confección do plantel, contando con xuvenís da casa e os novos fichaxes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará