Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Medrando co galego”, unha caixa agasallo para o novo alumnado de Infantil

caixa

A caixa de agasallo que o Concello de Redondela entrega ás familias do novo alumnado de infantil inclúe libros, unha bolsiña da merenda, lapis de cores e unha friameira. Entre o material inclúese “A Cápsula do tempo”, un caderno que nenos e nenas irán completando ao longo de todos os cursos e que recibirán cando rematen 6º de primaria “como un recordo do paso pola escola e tamén da súa relación coa lingua galega” sinala a alcaldesa Digna Rivas.

Este material xa foi entregado ao alumnado que comezará en setembro no ciclo de Infantil dos colexios CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Cedeira, Porto Cabeiro, Igrexa e Reboreda. En vindeiras datas farase tamén na EEI Marisma, CEIP Outeiro das Penas, EEI San Pedro, EEI Ventosela e os CEIP de Laredo e Quintela.

A iniciativa, que naceu hai xa dous anos dende a Concellería de Normalización Lingüística, busca promover o uso do galego na infancia achegándolles aos nenos e nenas libros e contos que fomentan o uso do galego, unha bolsiña da merenda, lapis de cores ou unha friameira.

As caixas “Medrando co galego” son o resultado dun traballo colectivo entre o Servizo de Normalización e os equipos de dinamización dos centros escolares públicos de Redondela aos que Rivas “agradece a súa colaboración e participación, así como o interese dos equipos directivos dos distintos colexios que solicitaron participar”.

Dentro dos libros escollidos atópase os contos de Kalandraka cos cales aprenderlles palabras en galego; un libro dirixido aos pais e nais, didáctico, divertido, fácil de ler, no cal a través de 7 anécdotas se tratan cuestións sobre a situación social da lingua galega e os beneficios da educación bilingüe. Rivas engade que “esta iniciativa ten a intención de contrarrestar a perda de galego falantes, unha realidade constatada dende hai anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará