Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia a “poda salvaxe” das camelias da Alameda

camelio 1

Aseguran que “ao estado de abandono da Alameda únese agora esta desfeita que dana árbores que se atopaban en perfecto estado”. Unha actuación que o popular Miguel Ángel Álvarez –quen fora concelleiro de Medio Ambiente- cualifica de “auténtico arboricidio, ante o cal é sorprendente que se manteñan calados os socios de goberno de Digna Rivas, AER e BNG”.

Dende o Partido Popular de Redondela denuncian a poda feita polo goberno de Digna Rivas esta semana nas camelias situadas na Alameda de Castelao. Trátase de 4 árbores cun importante porte e que levan anos neste espazo. Estas árbores foron “podadas” esta semana sen respectar a época aconsellable. Con todo, o máis grave asegura o ex concelleiro de Medio Ambiente “non é o momento no que o fixeron senón o que lle fixeron, non se trata dunha poda, mais ben é unha tala”.

Engaden que tan só fai falta visitar a Alameda para comprobar que a actuación é “desproporcionada e carece de sentido. Está fora de tempada e nin sequera protexeron os cortes con pasta cicatrizante. So quedaron os troncos das camelias” declara Miguel Ángel Balleteros

Dende o PP afirman que non entenden que non se actúe noutras árbores que levan mais dun ano secas en zonas como parques infantís, e nembargantes, se faga este tipo de actuación nestas árbores que se atopan en perfecto estado. Conclúe afirmando o edil que “é sorprendente que os socios de goberno de Digna Rivas, AER e BNG, se manteñan calados ante semellante arboricidio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará