Hoxe é Luns 1 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Soutomaior celebran o Día do orgullo con música, obradoiros e cores

banco

Cada 28 de xuño celébrase o Día del Orgullo. Unha celebración que ten a súa orixe o 28 de xuño de 1969, cando tiveron lugar os coñecidos como disturbios de Stonewall (Nueva York), que marcan o inicio da loita polos dereitos dos homosexuais. Este ano Redondela súmase a esta conmemoración cunha festa Holi e un obradoiro de maquillaxe a partir das 20:00 horas na pista da Xunqueira. En Soutomaior celébrase “A Orghullosa” con actividades hoxe e mañá que inclúen un taller de legos, unha andaina e música no peirao de Arcade con Flor de Toxo e Mondra.

Día do Orgullo LGTBIQ+ en Redondela

As 20:00 horas na pista da Xunqueira celebrarase a festa Holi e un taller de maquillaxe. Esta festa, de orixe hindú, consiste en lanzar cores ao aire cubrindo tanto corpos como roupas con pigmentos que inclúen todas as cores do arco da vella, con pos biodegradables e hipoalerxénicos. Serán dúas horas de música, xogos e cor, cun DJ que amenizará a xornada con música. Esta é a primeira vez que Redondela acolle un festexo destas características. Haberá tamén un taller de maquillaxe nunha carpa con monitores para que todas as persoas que asistan á festa Holi poidan maquillarse en calquera momento da actividade.

Iria Vilaboa, concelleira de Igualdade

A Orghullosa en Soutomaior

Hoxe venres celebrarase un obradoiro de Contos e Legos impartido pola sexóloga Hadriana Ordóñez e cun faladoiro sobre “a realidade LGBTBIQ+ actual”.

Hadriana Ordóñez

O día grande será mañá sábado 29 no que a primeira cita será unha andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQ+ que terá como punto de partida o parking do Castelo de Soutomaior. Trala andaina a festa trasladarase ao Peirao onde terá lugar unha sesión vermú a cargo do Dúo Aldaolado seguido do Mari Picinc onde toda persoa que desexe participar poderá facelo levando unha tortilla, un bolo de pan e un instrumento.

Xa pola tarde terá lugar o laboratorio de Contos e Legos impartido por Hadriana Ordóñez e o Laboratorio creativo de bordado impartido por Maritza Berttolini onde os participantes poderán deseñar e crear a súa propia bandeira da Orgullosa. Ás 19:30h. as crianzas poderán desfrutar dun obradoiro de construción comunitaria dunha bandeira xigante de globos LGTBIQ+.

Xa pola noite chegarán os pratos fortes desta Orghullosa co directo de Flor do Toxo ás 21:00 h. e o de Mondra que dará comezo ás  23:00 h. Ambos concertos terán, como o resto das actividades entrada libre e serán no Peirao de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará