O trofeo celebrase os días 5, 6 e 7 de xullo na praia da Punta converténdose novamente no punto de encontro do Kitesurf galego e reunindo a riders de toda España e do extranxeiro. Un evento que busca atraer a público familiar con exhibicións de kitesurf, obradoiro para nenos, zona de restauración e mercadiños.
O KiteFest Cesantes ofrece competicións para todos os niveis e modalidades de kitesurf: Twintip, Surf, Kite Foil e Wingfoil. Non faltará a competición de trucos e Big Air, onde os riders máis atrevidos porán a proba su destreza con saltos e manobras acrobáticas. Un evento que é posible graza á renovación do convenio de colaboración entre o TMKiteClub -coorganizador do evento xunto co Concello de Redondela– e a Xunta de Galicia.
De feito, na presentación do evento o pasado venres o presidente do club Ricardo González,
Salientou que o KiteFest “non sería posible sen o apoio das institucións que fan posible un evento que é único en España e que na súa sétima edición volverá ser puntuable para o circuíto galego da Real Federación galega de vela nas modalidade de twintip, surf kite, foil e wingfoil”.
Apuntou tamen o bo ritmo das inscricións con participantes chegados de toda España.
O VII KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia está organizado polo TMKiteClub e o Concello de Redondela co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, ABANCA, Aceites Abril e as marcas do sector Eleveight Kites e RRD.