Hoxe é Sábado 6 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A canteira feminina do balonmán redondelán continúa a senda do éxito

WhatsApp Image 2024-07-02 at 13.38.31

O equipo infantil feminino da selección galega de balonmán competirá durante toda esta semana no Torneo de Cangas del Narcea 2024. Entre os seus compoñentes atopamos 4 xogadoras de Redondela que representarán a Galicia neste amistoso celebrado en Asturias do 1 ao 6 de xullo e que serve de preparatoria de caro ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2025, que se celebrará en Cataluña en xaneiro do próximo ano.

A selección feminina infantil galega, encadrada no grupo B, terá que facer fronte á Comunidade Valenciana, A Rioxa e Andalucía.  Entre as xogadoras que conforman este equipo de elite atópanse Ángela do BM Chapela, así como Daniela Figueroa, Karla Fernández e Daniela Míguez da SAR.  O inicio da competición tivo lugar hoxe martes 2 de xullo coa fase de grupos, que se estenderá ata o xoves 4. Os cruces chegarán o venres 5 para determinar que equipos disputarán as finais o sábado 6, día no que tamén se celebrarán os duelos polo terceiro e cuarto posto. Hoxe as seleccións galega e andaluza remataron o encontro nun empate (23-23) e mañá á 13:15 horas teñen cita coa selección de A Rioxa.

A SAR e o BM Chapela non son os únicos clubs redondeláns que teñen representación na selección infantil feminina. Adriana Bouzón de As Choqueiras atópase competindo no Arena Hadball Live 2024 e acaba de participar co equipo Petanca na Copa de España de Balonmán Praia celebrado en Murcia no que quedaron de subcampioas. Perderon a final contra o Core Global Bmp Parla, pero foi un partido emocionante que non deixou a ninguén indiferente.

Cabe destacar que Daniela Figueroa (SAR) tamén foi convocada pola Real Federación Española de BM para as xornadas de Tecnificación que se celebrarán en Burgos do 18 ao 24 deste mes.

Adriana Bouzón de As Choqueiras na Copa de España de Balonmán Praia.
Ángela do BM Chapela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará