Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home en Vigo tras darse á fuga nun control policial en Chapela

poli local

O condutor, de 36 anos de idade e veciño de Vigo, foi localizado polos axentes na rúa Aragón tras saltarse un control en Chapela onde a piques estivo de atropelar aos axentes da Policía Local de Redondela. Non foi este o único incidente cun condutor na fin de semana, xa que outro home, neste caso veciño de Redondela, está sendo investigado por condución temeraria e por dar positivo nun control de alcoholemia na madrugada do sábado.

Dous sucesos esta fin de semana relacionados con malas prácticas ao volante. O primeiro tiña lugar na madrugada do sábado cando varios veciños da zona de Santa Mariña alertaban dun condutor que estaba a realizar prácticas temerarias no casco urbano. Unha vez localizado déuselle o alto e realizáronselle as correspondentes probas de alcoholemia, deixando un resultado positivo, polo que foi citado para un xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Xa na madrugada do domingo, tivo lugar outro suceso neste caso na parroquia de Chapela. Os axentes da Policía Local dábanlle o alto a un condutor que realizaba manobras estrañas na zona do alto da Encarnación. Detido o vehículo os axentes achegáronse momento no que o condutor decidiu retomar a marcha tendo os policías que separarse para evitar seren atropelados. Iniciouse unha persecución que remataría coa localización do individuo na rúa Aragón en Vigo. O detido, veciño da cidade viguesa de 36 anos da idade, alegou no momento da súa detención que non fixera nada de gravidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará