Hoxe é Xoves 4 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior énchese de danza co Festival Rebulir

Silvia Cernadas_presentación O Rebulir

A carballeira do Peirao de Arcade acolle o vindeiro domingo 7 de xullo a primeira edición do Festival de Danza Contemporánea Rebulir, con presenza de compañías de renome como Elahood, Ixa e Daniel Rodríguez e actividades en paralelo con diferentes obradoiros.

Este festival de danza contemporánea, O Rebulir, nace como unha nova proposta de dinamización cultural e social achegando esta disciplinas a Soutomaior para crear novos públicos e novas inquedanzas artísticas.

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, presentou este Festival e deixou claro que “queremos que a danza tamén forme parte da completa programación cultural do concello de Soutomaior. Nese sentido, O Rebulir nace como un festival de danza contemporánea que mestura cultura e natureza e que vai ser referencia na contorna porque non hai nada igual. Tres destacadas compañías do panorama nacional interactuarán co espazo natural da Carballeira do Peirao de Arcade e todos os públicos poderán desfrutar desta cita ben sexa participando dos obradoiros, ben sexa asistindo ás representacións ou ao coloquio final”.

A proposta inclúe tres pezas de danza de compañías moi relevantes no panorama da danza e tamén obradoiros de danza para diferentes pùblicos onde todos e todas poden experimentar e aprender sobre danza da man de grandes bailarinas e bailaríns.

Así e deste xeito o domingo 7 de xullo pola mañá, ás 11:00 h., poderemos desfrutar do obradoiro de danza contemporánea coa compañía Elahood destinado a público xuvenil e adulto e ás 12:00 a cita estará protagonizada pola compañía de Daniel Rodríguez e o obradoiro estará destinado para o público infantil e familiar.

Xa pola tarde chegará a quenda dos espectáculos: ás 20:00 poderemos desfrutar de “Intempestiva” de Elahood; ás 20:45 h. de “Ollos cara adentro” da compañía Ixa; ás 21:00 h. de “A raíz” de Daniel Rodríguez e ás 21:30 todas e todos os que o desexen poderán participar nun coloquio coas compañías participantes. Todas estes espectáculos están destinados ao público xeral.

Todos os obradoiros e os espectáculos serán de balde e desenvolveranse na Carballeira do Peirao de Arcade sen necesidade de inscrición previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará