Hoxe é Sábado 6 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As familias xa poden visitar e votar os traballos presentados ao concurso de banda deseñada

banda deseñada

O Multiúsos da Xunqueira acolle a exposición dos traballos presentados ao concurso de banda deseñada organizado dende a Asociación de Empresarios de Redondela. Unha mostra na que se instalará tamén unha urna para que todos os visitantes teñan a posibilidade de votar pola súa historia preferida.

O concurso de banda deseñada naceu co gallo das campañas de dinamización comercial que se desenvolveron no período que vai dende o día do Pai, pasando Pascua e o día da Nai ata o día da Familia. Agora a Asociación de Empresarios habilita, no Multiusos da Xunqueira coa colaboración do Concello de Redondela, un espazo expositivo para acoller todos os traballos presentados.

Pais, nais, irmáns, avós, avoas, … son os superheroes protagonistas desta historia, motivo polo que  convidan ás familia a visitar a exposición e valorar e recoñecer os traballos realizados.

Durante as vindeiras semanas poderán depositarse os votos na urna instalada na propia sala de exposicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará