Hoxe é Sábado 6 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Félix  Rial: “Imos tentar encher o campo Santa Mariña e recuperar a ilusión do pobo”

448320431_777467247705379_8900513926310785474_n

Félix Rial, ex-xogador do CD Choco e tras pasar un ano no Alondras, será o novo adestrador do primeiro equipo do CD Choco en Preferente. Substitúe a José Tizón tras a súa retirada co obxectivo de manter a continuidade da plantilla e conseguir o ascenso a Terceira Federación.

O novo técnico recibiu a chamada da presidenta do CD Choco, Virginia Ricón, “con moita ilusión”, pero ten que asumir deixar o campo como xogador por ser incompatible co seu novo traballo como adestrador. “Non foi unha decisión fácil deixar de xogar despois de 28 anos cun balón nos pés, pero esta etapa abre unha nova oportunidade ”.

“Estiven 9 anos no CD Choco e na selección, pero non é posible compaxinar a posición de adestrador”, Rial.

Rial estará acompañado na dirección do equipo por Richy Álvarez como segundo adestrador e Raúl Lens como preparador físico. Dous profesionais nos que “confía plenamente “ e considera “unhas boas figuras deportivas con moita experiencia”. Traballou con eles adestrando a base en idades formativas case 5 anos, concretamente no xuvenil do Areosa.

“Richy é xogador profesional e Raúl ten estudos en INEF, polo que están moi preparados”, Rial.

O obxectivo do ascenso a Terceira mantense e a idea é volver ao Choco que recorda cando el xogaba e “recuperar a ilusión e o protagonismo do balón no campo, xogando moito dende atrás”. Cada adestrador ten a súa maneira de traballar e valora o proxecto de Tizón que durante esta última tempada demostrou a valía do equipo achegándose aos postos de ascenso.

“Recuperar boas sensacións e gustarianos seguir a liña de Jacobo Montes ou Gonzalo”, Rial.

O primeiro paso agora é afianzar a plantilla e asegurar a continuidade dos xogadores plantexando tamén a participación da base e dos xuvenís que “fixeron unha tempada histórica na máxima categoría de División de Honra”. “Coñezo a moitos persoalmente e xoguei con algún, pero sobre todo puiden velos xogar este ano, algo moi importante para guiar o novo proxecto”.

“O mellor que ten o equipo é a súa unión e o equipo será da casa”, Rial.

O CD Choco estivo a piques este ano de subir a Terceira Federación gracias as dúas últimas vitorias que o mantivo na loita polo segundo posto, pero finalmente non o conseguiu polo gol-average. De cara a seguinte tempada e cun novo corpo técnico dirixido por Félix Rial tentarán alcanzar o soño do ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará