Hoxe é Sábado 6 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cinema será o protagonista do Festival de Verán do CPA Bolboreta

352316111_629351962437397_6944700810544529303_n

O festival de verán do Club de Patinaxe Artística Bolboreta celébrase o venres 5 de xullo no Pavillón da Marisma a partir das 18:45 horas da tarde e ten como clubs convidados ao CPA Blossom de Mos e CPA Arealonga. Este ano recibe o título de  “Bolboreta na gran pantalla”, coa intención de representar o estilo e a temática das coreografías sobre patíns que xirarán en torno a grandes clásicos do cinema.

O obxectivo do evento anual é que tanto patinadores como familias poidan “gozar de todo o traballo e mellora  dos  membros do club durante a tempada e  despedila todos xuntos”, sinala a directiva do club. Contará con preto de 100 patinadoras e patinadores de todas as modalidades: individuais, grupais, show, show iniciación, categorías libres de niveis, nacional , amateur e os seus respectivos bailes grupais ou de iniciación.

Entre as actividades, ademais da representación dos bailes e rutinas da tempada, haberá un sorteo con agasallos doados polos establecementos de Redondela e montarase a cantina para recadar fondos. A organización corre a cargo do CPA Bolboreta en colaboración co Concello de Redondela, a Concellería de Deportes e a participación da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra a través das subvencións que conceden anualmente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará