Hoxe é Sábado 6 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno do Estado asume o control de pago a provedores do Concello ao medrar os impagos

ana alonso

O PP de Redondela advirte que esta medida é obrigatoria ao ser ditaminada pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos do 24 de xuño e, ao seu entender “confirma a mala xestión das contas que vimos advertindo e a falla de confianza en Digna Rivas para sacalas adiante”.

O Goberno de España vén de incluír ao Concello de Redondela, de xeito obrigatorio, no listado de entidades locais adheridas ao Procedemento de Pago a Provedores 2024, polo que, “de facto, vai asumir esta parte da xestión económica do municipio para tratar de solucionar os impagos actuais, que se elevan ata os 3.370.184 euros”, segundo denunciou hoxe o grupo municipal do PP.

Os populares lamentan a inclusión de Redondela por primeira vez na historia neste listado que aseguran responde “a incompetencia xeral do goberno de Digna Rivas, pero especialmente a económica, que vimos denunciando durante bastante tempo deixou de ser unha cuestión de denuncia partidista e xa é oficial”.

Para o PP local, esta medida confirma “a mala xestión das contas do Concello” e aseguran que vai ocasionar graves prexuizos para o municipio e os seus veciños que o notarán nos vindeiros meses”. En concreto, o Goberno de España vai comezar a ordenar o pago destes traballos cos cartos que lle corresponderían ao Concello de Redondela ao abeiro do Fondo de Financiamento das Entidades Locais e, chegado o caso, detraendo as partidas mensuais que se lle abonan ás arcas municipais a través da Participación nos Ingresos do Estado (PIE).

“Só catro concellos da provincia de Pontevedra, tres deles socialistas, foron incluídos neste plan estatal fronte aos impagos e a mala xestión económica e o Concello de Redondela ten, de longo, a cifra máis elevada de todos eles. Por elo, o Estado vainos detraer cartos para facer fronte a estas obrigas e imos recibir unha contía claramente inferior, polo que iso vai prexudicar moito aos veciños polos recurtes en investimentos e servizos aos que nos aboca Digna Rivas porque imos ter menos diñeiro”, lamentou Ana Alonso. A concelleira popular afirma que este é o primeiro paso para unha intervención completa do noso Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará